Tag Archives: Rúa Pracer

Imos de cañas

23 Ene

Galicia Cultural comeza a semana con moito ritmo e por iso, neste post achegarémonos a algún sitios “especiais” e “diferentes” que poden ser unha moi boa opción para ir tomar algo ao sair do traballo ou das clases.

En Vigo, un deles  é “La Galería Jazz”, situado na rúa Ronda de Don Bosco, moi preto do concello. Trátase dun lugar con luz tenue, dúas prantas e tres ambientes nos que tomar algo tranquilamente con música de fondo, ás veces en vivo, e contemplando coma sen querer obras de novos artistas. Precisamente agora e ata o 31 de xaneiro hai unha exposición de pintura de Alba Castillo. Abi, como a chama a súa familia e como ela adoita firmar as súas obras, presenta unha pequena mostra coa muller como indiscutible e única protagonista. A través dos seus cadros achéganos a feminidade, a muller en moitas e moi diversas facetas. Destaca a cor e o seu particular estilo, impregnado en cada un deles. É unha exposición pequena, pero con moita forza e marcada personalidade.

La Galería Jazz, conta tamén cunha pranta abaixo na que sentirse máis como en casa, gracias aos sofás e sillóns que se misturan coas cadeiras e mesas. Mobiliario customizado, unha tarima e un piano, completan esta pranta. La Galería Jazz non é unha cafetería ao uso. O arte e a cultura xogan un papel importante e os levan impregnados no seu ADN. Un lugar de ambiente tranquilo e relaxado onde poder  ver algunha exposición, disfrutar dunha actuación en vivo ou mesmo mercar algún producto de comercio xusto.

La Galería Jazz, VigoPara continuar coa ruta de cañas non temos que caminar moito xa que prácticamente ao lado do Galería Jazz, xusto na praza, atópase “Encapríchate”, outro local onde poder degustar a cultura galega. O que máis aprecio deste sitio é a súa terraza na tranquila praza e, sobre todo, a posibilidade de beber unha San Amaro. Para aqueles que non a coñezades, trátase dunha cervexa artesanal de orixe galego, moi fresca e producida sen ingredientes artificiais, nin procesos de filtración e pasteruización.

Por non alonxarnos moito a terceira cervexa poderiamola tomar na rúa Placer, no mítico Uff, un lugar cun estilo similar ao Galería e no que podedes atopar libros, revistas, folletos… O seu mobiliario tamén é moi particular e ao igual que o Galería tamén conta con dúas prantas. Este conta cunha terraza diferente, un patio interior con moitas prantas que te fan esquecer onde estás.

Despois desta parada ocórrensenme uns cantos sitios máis para visitar, pero tendo en conta que xa levamos enriba mínimo unhas tres cervexas, case o deixamos para outro día…

Operación Canguro

Mis aventuras en Australia

Enlazando Neuronas

Deja que fluya tu imaginación